Nacemento:
Morte:
Industrial, mestre de obras e político, 40 anos. Casado con María Arias González; tiñan sete fillos. Veciños de Ribas de Sil (Lugo). Chegou á Coruña no ano 1928 procedente de Nova York onde estivera emigrado, permanecendo varios días detido. Despois estableceuse en San Clodio de Ribas de Sil, Ribas de Sil, chegando a ser dono dun almacén de materiais para a construción.
Militante do PSOE, elixido alcalde de Ribas de Sil o día 12/04/1931 ao proclamarse a II República, permanecendo no cargo ata o día 22/07/1936, agás de outubro de 1934 a febreiro de 1936. Fundou a Agrupación Socialista Agraria (ASA) de San Clodio, vencellada á UXT, da que foi o primeiro presidente entre 1931 e 1933. Representou á AS de San Clodio no Congreso Extraordinario do PSOE en 1931.
Participou de xeito activo na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, polo que tivo que fuxir a Portugal e estivo expatriado en Francia, onde permanece ata pouco antes das eleccións de febreiro de 1936, nas que se presentou como candidato polo PSOE de Lugo, sen resultar elixido.
Compromisario polos socialistas para a elección do presidente da República, que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o golpe de Estado fixo fronte aos golpistas e despois permaneceu agochado no monte e no seu domicilio ata que o detivo a Garda Civil no ano 1939.
Xulgado en consello de guerra no edificio da Deputación Provincial de Lugo o día 12/04/1937 polo delito de de rebelión militar, na causa 636/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Os procesados eran veciños, case que todos, de Ribas de Sil, Quiroga e O Saviñao.
Ao remate a 12 persoas condenáronas á pena de morte: Manuel Álvarez Martínez, xornaleiro; Bienvenido Bao Fernández, labrego; José Darriba Puente, labrego; Manuel Díaz López, labrego; Dionisio García Fraga, panadeiro; Bautista Martínez Fernández, xornaleiro; Enrique Martínez Franco, labrego; Albino Núñez Rodríguez, labrego; Rogelio Padín París, empregado; Nemesio Prieto Ferreiro, xornaleiro, e Toribio Rodríguez Torres, labrego. O que facía o número 12 conseguiu fuxir.
Castigaron a cadea perpetua a: Julio Cao López, Aurelio Colmenero López, Manuel Coutado Vázquez, Francisco Díaz López, José Domínguez Incógnito, Manuel Estévez Sánchez, Benito Fernández Blanco, Juan Pérez Rodríguez e Manuel Pérez Rodríguez.
Condenaron a 20 anos de cadea a: Albino Cao López, Clemente Fernández Rodríguez, Miguel Morillo Estévez, José-María Núñez Arias, Ramón Núñez Macía e Jaime Zamuz Rivero.
A José-María González Armesto sancionárono a 15 anos de prisión e, a 12 anos, a: Manuel Colina Anca, Severo Morillo Vidal, Julio Rodríguez Vázquez e Juan Zamuz Rodríguez. Tamén enviaron á cadea a José González González.
Sentenzas de sobresemento para: Luis Novoa Somoza, Pedro Ojea Montenegro e Donato Pol Bao (finado antes de ditarse a sentenza). Auto de absolución para: Germán Cao López, Manuel Carballedo Núñez, José-Ramón Domínguez Castro, Manuel González Ojea e José Morillo Olmo.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: Aurelio Caamaño Rodríguez, Marcelino Fernández Prada e Rafael Quiroga Daviña.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 31/07/1941 polo delito de rebelión militar, na causa 1532/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
No mesmo xuízo xulgaron polo delito de auxilio á rebelión ao seu veciño Evaristo Rodríguez Rodríguez, condenado a 15 anos de prisión.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua o día 20/10/1941 gracias aos moitas peticións que fixo a súa dona.
Pasou polas prisións de Ourense e Lugo. Na de Lugo ingresou o día 30/06/1939 e publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 280 do día 07/10/1943, cando estaba nesta prisión.
Volveu a Lugo para comezar de novo a súa actividade de industrial do sector da construción.
Xulgado tamén no ano 1941 por responsabilidades políticas pero o seu expediente rematou sobresido por carecer de bens. Indultárono no ano 1942.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.