← Volver atrás

Darriba Puente, José

Alcume: o Fillo da Licha
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Clodio de Ribas de Sil, Ribas de Sil
(Lugo)
- 13/07/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 11/05/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Caldeireiro e político, 18 anos. Solteiro. Veciño do Carballo de Lor, Santa María de Quinta de Lor, Quiroga (Lugo). Fillo de solteira de Alicia Puente Fernández, a Licha, que casou en 1920 co militar José Darriba Suárez, quen recoñeceu a José como fillo. Rematados os seus estudos, aos 14 anos comezou a traballar como caldeireiro.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista Obreira de Oficios Varios Fraternidad y Trabajo de San Clodio, constituída no ano 1931 e que presidía Marcelino Fernández Prada, Poliño.

Executado.

Cando se produce o golpe dos sublevados aliñouse co alcalde Fernández Prada para defender a legalidade republicana, ata que o 22 de xullo a localidade cae nas mans dos golpistas.

Acusado de ser portador das armas e municións aos compañeiros de resistencia ata o día 22/07/1936, cando os sublevados se fixeron con Ribas de Sil. Prendérono en novembro de 1936 na estación de San Clodio cando volvía de traballar.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 22/11/1936 e traslado á Prisión Provincial de Lugo o día 21/01/1937 con outros 21 presos.

Xulgado en consello de guerra no edificio da Deputación Provincial de Lugo o día 12/04/1937 polo delito de de rebelión militar, na causa 636/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución dó día 27/04/1937. Os procesados eran veciños, case que todos, de Ribas de Sil, Quiroga e O Saviñao.

Ao remate a 12 persoas condenáronas á pena de morte: Manuel Álvarez Martínez, xornaleiro; Bienvenido Bao Fernández, labrego; José Darriba Puente, labrego; Manuel Díaz López, labrego; Dionisio García Fraga, panadeiro; Bautista Martínez Fernández, xornaleiro; Enrique Martínez Franco, labrego; Albino Núñez Rodríguez, labrego; Rogelio Padín París, empregado; Nemesio Prieto Ferreiro, xornaleiro, e Toribio Rodríguez Torres, labrego. O que facía o número 12 conseguiu fuxir.

Castigaron a cadea perpetua a: Julio Cao López, Aurelio Colmenero López, Manuel Coutado Vázquez, Francisco Díaz López, José Domínguez Incógnito, Manuel Estévez Sánchez, Benito Fernández Blanco, Juan Pérez Rodríguez e Manuel Pérez Rodríguez.

Condenaron a 20 anos de cadea a: Albino Cao López, Clemente Fernández Rodríguez, Miguel Morillo Estévez, José-María Núñez Arias, Ramón Núñez Macía e Jaime Zamuz Rivero.

A José-María González Armesto sancionárono a 15 anos de prisión e, a 12 anos, a: Manuel Colina Anca, Severo Morillo Vidal, Julio Rodríguez Vázquez e Juan Zamuz Rodríguez. Tamén enviaron á cadea a José González González.

Sentenzas de sobresemento para: Luis Novoa Somoza, Pedro Ojea Montenegro e Donato Pol Bao (finado antes de ditarse a sentenza). Auto de absolución para: Germán Cao López, Manuel Carballedo Núñez, José-Ramón Domínguez Castro, Manuel González Ojea e José Morillo Olmo.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: Aurelio Caamaño Rodríguez, Marcelino Fernández Prada e Rafael Quiroga Daviña.

Na madrugada do día 11/05/1937 leváronos diante do xuíz e, pouco antes das 06:00 h dese día, fusiláronos nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo. Soterráronos no cemiterio Arieiras de Magoi (Lugo).

Procesárono por responsabilidades políticas na Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.