← Volver atrás

González Armesto, José-María

Alcume: José González
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ribas de Sil
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de San Clodio de Ribas de Sil, Ribas de Sil.

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Quiroga (Lugo) o día 11/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 636/36, co resultado de sentenza a 15 anos de cadea.

Ao remate a 12 persoas condenáronas á pena de morte: Manuel Álvarez Martínez, xornaleiro; Bienvenido Bao Fernández, labrego; José Darriba Puente, labrego; Manuel Díaz López, labrego; Dionisio García Fraga, panadeiro; Bautista Martínez Fernández, xornaleiro; Enrique Martínez Franco, labrego; Albino Núñez Rodríguez, labrego; Rogelio Padín París, empregado; Nemesio Prieto Ferreiro, xornaleiro, e Toribio Rodríguez Torres, labrego. O que facía o número 12 conseguiu fuxir.

Castigaron a cadea perpetua a: Julio Cao López, Aurelio Colmenero López, Manuel Coutado Vázquez, Francisco Díaz López, José Domínguez Incógnito, Manuel Estévez Sánchez, Benito Fernández Blanco, Juan Pérez Rodríguez e Manuel Pérez Rodríguez.

Condenaron a 20 anos de cadea a: Albino Cao López, Clemente Fernández Rodríguez, Miguel Morillo Estévez, José-María Núñez Arias, Ramón Núñez Macía e Jaime Zamuz Rivero.

A José-María González Armesto sancionárono a 15 anos de prisión e, a 12 anos, a: Manuel Colina Anca, Severo Morillo Vidal, Julio Rodríguez Vázquez e Juan Zamuz Rodríguez. Tamén enviaron á cadea a José González González.

Sentenzas de sobresemento para: Luis Novoa Somoza, Pedro Ojea Montenegro e Donato Pol Bao (finado antes de ditarse a sentenza).

Auto de absolución para: Germán Cao López, Manuel Carballedo Núñez, José-Ramón Domínguez Castro, Manuel González Ojea e José Morillo Olmo.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: Aurelio Caamaño Rodríguez, Marcelino Fernández Prada e Rafael Quiroga Daviña.

Concédeselle a prisión atenuada o día 23/08/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha