Nacemento:
Morte:
Labrego e sindicalista, 27 anos. Solteiro. Veciño do Castro de Abaixo, Nosa Señora das Neves de Nogueira, Ribas de Sil.
Membro da CNT.
Executado.
Prendérono e ingresárono os golpistas na Prisión Provincial de Lugo o día 18/10/1936.
Xulgado en consello de guerra no edificio da Deputación Provincial de Lugo o día 12/04/1937 polo delito de de rebelión militar, na causa 636/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 27/04/1937. Os procesados eran veciños, case que todos, de Ribas de Sil, Quiroga e O Saviñao.
Ao remate a 12 persoas condenáronas á pena de morte: Manuel Álvarez Martínez, xornaleiro; Bienvenido Bao Fernández, labrego; José Darriba Puente, labrego; Manuel Díaz López, labrego; Dionisio García Fraga, panadeiro; Bautista Martínez Fernández, xornaleiro; Enrique Martínez Franco, labrego; Albino Núñez Rodríguez, labrego; Rogelio Padín París, empregado; Nemesio Prieto Ferreiro, xornaleiro, e Toribio Rodríguez Torres, labrego. O que facía o número 12 conseguiu fuxir.
Castigaron a cadea perpetua a: Julio Cao López, Aurelio Colmenero López, Manuel Coutado Vázquez, Francisco Díaz López, José Domínguez Incógnito, Manuel Estévez Sánchez, Benito Fernández Blanco, Juan Pérez Rodríguez e Manuel Pérez Rodríguez.
Condenaron a 20 anos de cadea a: Albino Cao López, Clemente Fernández Rodríguez, Miguel Morillo Estévez, José-María Núñez Arias, Ramón Núñez Macía e Jaime Zamuz Rivero.
A José-María González Armesto sancionárono a 15 anos de prisión e, a 12 anos, a: Manuel Colina Anca, Severo Morillo Vidal, Julio Rodríguez Vázquez e Juan Zamuz Rodríguez. Tamén enviaron á cadea a José González González.
Sentenzas de sobresemento para: Luis Novoa Somoza, Pedro Ojea Montenegro e Donato Pol Bao (finado antes de ditarse a sentenza).
Auto de absolución para: Germán Cao López, Manuel Carballedo Núñez, José-Ramón Domínguez Castro, Manuel González Ojea e José Morillo Olmo.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: Aurelio Caamaño Rodríguez, Marcelino Fernández Prada e Rafael Quiroga Daviña.
Na madrugada do día 11/05/1937 leváronos diante do xuíz e, pouco antes das 06:00 h dese día, fusiláronos nas tapias do cuartel da Garda Civil, en Lugo. Soterráronos no cemiterio de Arieiras de Magoi, en Lugo.
Segundo outras fontes naceu no Incio (Lugo).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.