← Volver atrás

Caamaño Rodríguez, Aurelio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ribas de Sil
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mecánico, 27 anos. Casado. Veciños de Ribas de Sil.

Vicesecretario da Agrupación Socialista Agraria (ASA) de San Clodio de Ribas de Sil no ano 1931 e secretario no ano 1933. Membro da UXT.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do alzamento militar mantívose en fuga ata o día 29/02/1940.

Xulgado en consello de guerra no edificio da Deputación Provincial de Lugo o día 12/04/1937 polo delito de de rebelión militar, na causa 636/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Os procesados eran veciños, case que todos, de Ribas de Sil, Quiroga e O Saviñao.

Neste xuízo a 12 persoas condenáronas á pena de morte: Manuel Álvarez Martínez, xornaleiro; Bienvenido Bao Fernández, labrego; José Darriba Puente, labrego; Manuel Díaz López, labrego; Dionisio García Fraga, panadeiro; Bautista Martínez Fernández, xornaleiro; Enrique Martínez Franco, labrego; Albino Núñez Rodríguez, labrego; Rogelio Padín París, empregado; Nemesio Prieto Ferreiro, xornaleiro, e Toribio Rodríguez Torres, labrego. O que facía o número 12 conseguiu fuxir.

Castigaron a cadea perpetua a: Julio Cao López, Aurelio Colmenero López, Manuel Coutado Vázquez, Francisco Díaz López, José Domínguez Incógnito, Manuel Estévez Sánchez, Benito Fernández Blanco, Juan Pérez Rodríguez e Manuel Pérez Rodríguez.

Condenaron a 20 anos de cadea a: Albino Cao López, Clemente Fernández Rodríguez, Miguel Morillo Estévez, José-María Núñez Arias, Ramón Núñez Macía e Jaime Zamuz Rivero.

A José-María González Armesto sancionárono a 15 anos de prisión e, a 12 anos, a: Manuel Colina Anca, Severo Morillo Vidal, Julio Rodríguez Vázquez e Juan Zamuz Rodríguez. Tamén enviaron á cadea a José González González.

Sentenzas de sobresemento para: Luis Novoa Somoza, Pedro Ojea Montenegro e Donato Pol Bao (finado antes de ditarse a sentenza). Auto de absolución para: Germán Cao López, Manuel Carballedo Núñez, José-Ramón Domínguez Castro, Manuel González Ojea e José Morillo Olmo.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: Aurelio Caamaño Rodríguez, Marcelino Fernández Prada e Rafael Quiroga Daviña.

Prendérono o día 29/01/1940 e ingresárono no depósito de Quiroga (Lugo) o día 01/05/1940, logo trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra o día 07/05/1942 no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo polo delito de rebelión, na causa 790/41, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 20/06/1942.

Pena conmutada pola de 12 anos de prisión.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 8 do día 08/01/1943.

Procesárono en Lugo, no expediente 5/42, por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.