← Volver atrás

Barcia Rodríguez, Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Sancionado

Nacemento:

Fene
(A Coruña)
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 03/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e político, 53 anos. Veciño de Fene. Irmán de Francisco Barcia Rodríguez, procesado.

Pertenceu á Sociedade Labrega La Necesaria de Fene, vencellada á UXT. Militante do PSOE. Concelleiro de Fene dende a proclamación da II República en 1931 e ata 1936, polos socialistas. Era concelleiro cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Fene de 1936, entre outras persoas, a: Ramón-José Souto González (o alcalde), asasinado; Andrés Iglesias Garrote, asasinado; José Agras Gómez, asasinado; Juan Villa Anca, sancionado; Eugenio Casal Vila, asasinado; José Pita Pita, asasinado.

Paseado. Sancionado.

Co golpe dos sublevados prendérono o día 1 de agosto na Casa do Concello de Fene xunto con outros membros da corporación, como Ramón-José Souto González (alcalde), Andrés Iglesias Garrote, Juan Sánchez Crespo, o seu irmán Francisco Barcia Rodríguez (procesado) e o secretario municipal Jesús Tenreiro Prim.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista por ferida de arma de fogo.

Sancionado no ano 1941 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña cunha multa por importe de 200 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha