← Volver atrás

Beade Méndez, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Martiño de Tiobre, Betanzos
(A Coruña)
- 07/04/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tiobre
- 03/07/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 36 anos.

No ano 1922 ingresou na Agrupación Socialista (AS) de Betanzos, da que exerceu a secretaría de 1926 a 1928 e a presidencia de 1928 a 1930. Membro da UXT. Nas eleccións de 1931 elixírono concelleiro de Betanzos; alcalde desde o 30/05/1933 ata o 18/10/1934. Tamén foi deputado nas Cortes Constituíntes da II República pola provincia da Coruña no ano 1931. Participou no Comité de Redacción do primeiro borrador do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Despois da revolución de outubro de 1934 destituíuno como alcalde a Confederacións Española de Dereitas Autónomas (CEDA) e encadeárono no castelo de San Felipe en Ferrol (A Coruña). En liberdade en 1935, volveu ao PSOE. Reposto como concelleiro logo da amnistía da Fronte Popular (FP) de 1936 e elixido deputado a Cortes na candidatura da FP nas eleccións de febreiro de 1936 pola Coruña.

Membro das loxas masónicas Concordia nº 14, de Madrid, e Ronsel, de Betanzos.

Tivo como compañeiros na Corporación de Betanzos de 1936, entre outras persoas, a: José-María Novo Rodríguez (alcalde en 1932), executado; Ricardo Bonome Seoane, fuxido; Bernardo Miño Abelenda, executado; Tomás López da Torre (alcalde), executado.

Fuxido. Encarcerado.

Co rápido triunfo do golpe de Estado do 1936, permaneceu oculto durante a Guerra Civil Española. A súa familia fixo crer que se atopaba en México; outras fontes din que se lle deu por morto.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de auxilio á rebelión, na causa 925/37, declarado en rebeldía.

O tribunal militar condenou a 12 anos de cadea a: José Lago Chao e Manuel López González; declararon fuxido a Ángel Maceiras Serrano. Tamén procesaron a: Ramón Beade Méndez e José Ponte Rodríguez.

No ano 1947 entrou en contacto con membros do PSOE en Galicia e formou parte da UXT na clandestinidade ata que o deteñen en xullo de 1951.

Xulgado en consello de guerra na Coruña no ano 1951 polo delito de rebelión, na causa 1333/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de reclusión menor; pena que durante un tempo cumpriu no seu domicilio ata o seu falecemento.

No dito procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Francisco Couce; a 12 anos e un día a Ramón Beade Méndez; declararon fuxidos a: Ricardo Bonome Seoane e José Purriños Conles; tamén procesaron a: Tomás Manso e Carmen Vázquez Lage.

Parte da pena cumpriuna no seu domicilio, ata que finou.

Procesárono por responsabilidades políticas e por masón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.