← Volver atrás

Benito Lázaro, Fernando de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bilbao
(Biscaia)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 27/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 30 anos. Casado. Veciño de Lugo.

Vogal da CNT de Lugo en 1932. Formou parte da comisión organizadora do Ateneo Libertario Humanidad Libre. Irmán de Eduardo de Benito Lázaro, encarcerado.

Prendérono de outubro a novembro de 1934.

Encarcerado.

Ingresado no cárcere de Lugo o día 09/11/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1198/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do 20/05/1937.

Condenaron á pena de morte a: Antonio Álvarez Fernández, Fernando de Benito Lázaro, Francisco García Callalta, José López Rodríguez (conmutada pola de cadea perpetua), Manuel Prendes Miranda e Manuel Rodríguez Castro; cadea perpetua para: Ramón Boelle Otero, Ángel Clemente Gayoso, Jesús Díaz López, José Fernández Armesto, Ángel Neira Fernández, Eduardo Romay Mato, Florentino Romay Teijeiro e Gaspar Sanz Fernández; a 15 anos castigaron a Hermelinda Páramo Ventosinos; 12 anos de cadea para Román Lugilde Picos; sentenza de absolución para José Pena Ferreiro, e declararon fuxidos a José Caridad e a Joaquín Veloso Pobos.

Fusilado nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Morte rexistrada en Lugo por mor de feridas mortais na cabeza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha