← Volver atrás

Blasco Sasera, César

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Madrid
- 05/08/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Dachau
(Alemaña)
- 21/12/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 58 anos. En 1894 ingresou na Academia de Artillería de Segovia. En 1899 era 1º tenente logo de rematar os seus estudos na academia na que en 1910, co grao de capitán, era profesor.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Militar adicto ao Goberno da República. Xa coronel de Artillería, desenvolveu postos de confianza para os republicanos con mando en varios rexementos.

Ignacio Olavide Torres, capitán de Infantería, que comungaba coas ideas dos militares rebeldes, foi secretario do tribunal que xulgou aos militares implicados no intento do 19/04/1936 na Coruña contra o gobernador civil Francisco Pérez Carballo; ao xuíz instrutor era César Blasco Sasera, coronel de Artillería, home da confianza do presidente da República Manuel Azaña Díaz e do ministro de Gobernación Santiago Casares Quiroga enviárono desde Madrid de xeito concreto para dirixir este proceso.

Coñeceu as penalidades das frontes de guerra pois exerceu a xefatura da Inspección das Forzas de Artillería en Madrid e os seus cantóns.

No ano 1938 era coronel xuíz en Valencia e vogal do Tribunal Militar Permanente de Cataluña.

Ao rematar a guerra civil marchou para o exilio en Francia.

No devir da II Guerra Mundial o día 08/12/1943 apresouno a Gestapo alemá. Pasou por cadeas en Perpiñán, Le Vernet e Toulouse (todas en Francia). Enviárono ao campo de concentración de Dachau, onde se rexistra a súa entrada o día 28/08/1944 e, tamén, a súa morte na cámara de gas, aos 67 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha