Nacemento:
Morte:
Mestre de obras e político, 60 anos. Veciño de Betanzos (A Coruña). Á súa irmá Matilde Bonome Seoane, en represalia, privárona en 1938 do estanco que posuía en Betanzos. Era tío de Álvaro Abarrategui Bonome, exiliado en Cuba, e cuñado de Antonio Abarrategui Paradela
Elixido concelleiro de Betanzos nas eleccións do día 12/04/1931 polo Comité Agrario Socialista Republicano. Concelleiro por Esquerda Republicana (ER) cando se produce o golpe de Estado de 1936.
Tiña como compañeiros na Corporación de Betanzos de 1936, entre outras persoas, a: José-María Novo Rodríguez (alcalde en 1932), executado; Ramón Beade Méndez, encarcerado; Bernardo Miño Abelenda, executado; Tomás López da Torre, executado.
Fuxido.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1333/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
No dito procedemento condenaron a 20 anos de cadea a Francisco Couce; a 12 anos e un día a Ramón Beade Méndez; declararon fuxidos a: Ricardo Bonome Seoane e José Purriños Conles; tamén procesaron a: Tomás Manso e Carmen Vázquez Lage.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.