← Volver atrás

Bugallo Valiñas, Sabino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Cerdedo
(Pontevedra)

Morte:

República Arxentina

Biografía

Comerciante e político. Casado. Irmán de Severino Bugallo Valiñas, exiliado e encarcerado. Veciño de Santa Eulalia de Castro do Cabo, Cerdedo, onde a súa dona rexentaba unha taberna.

Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e membro da Comisión Xestora do concello de Cerdedo despois da instauración da II República o día 14/04/1931. Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro.

Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 cesárono como concelleiro e prendérono o día 11/10/1934 con varios compañeiros.

Presidente da Agrupación Local de Esquerda Republicana (ER), elixido en febreiro de 1935, e concelleiro en 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).

Fuxido. Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado, co seu irmán Severino, salvouse dun intento de paseo o día 11/08/1936. Despois escapou oculto nun carro de millo e agochouse no Outeiro das Aveas (no Monte do Seixo) con Francisco Varela Garrido (alcalde por ER), José Torres Paz (presidente local do PSOE) e outros compañeiros.

Co seu irmán Severino, desde Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), embarcaron e fuxiron a Cuba, el disfrazado de crego. De Cuba marchou a Bos Aires (República Arxentina), onde morre.

Procesárono por responsabilidades políticas no ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha