Nacemento:
Morte:
Farmacéutico e político, 30 anos. Veciño de Fornelos de Montes (Pontevedra). Era fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño do que fora alcalde de Negreira de 1906 a 1920, Manuel Caamaño Ferreiro. Irmán de José-Álfredo-Manuel Caamaño Pato, tamén fuxido e exiliado, e de Matilde Caamaño Pato, vítima colateral. Estudou a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Farmacéutico municipal de Fornelos de Montes desde o ano 1935.
Promoveu a formación do grupo de Esquerda Republicana (ER) de Fornelos de Montes, no que exerceu de secretario en setembro de 1935.
Fuxido. Exiliado.
Despois do alzamento militar agóchase no Pazo de Cotón (Negreira), pasou a Portugal co seu irmán José-Alfredo-Manuel Caamaño e, por Francia, chegaron á zona republicana.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ao rematar a guerra civil marchou o día 19/12/1939 á Martinica desde Francia. Pasou á República Dominicana o día 23/05/1941 no Presidente Trujillo. Despois exiliouse en México, chegou a Veracruz o día 15/09/1941 a bordo do México. Tempo andado marchou a Venezuela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.