← Volver atrás

Calvo López, Jacinto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 04/06/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 24/07/1993 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial pasteleiro e político, 33 anos. Veciño de Lugo desde os tres anos. Pertencía a unha familia de pasteleiros que se instalaron en Lugo; eran dez irmáns.

No ano 1923 ingresou na UXT e en 1931 na Agrupación Socialista (AS) de Lugo. Secretario xeral en Lugo destas dúas formacións e tamén da Federación Provincial do PSOE no ano 1932. Candidato a deputado en 1933 e 1936 sen que obtivese acta. Presidente da Casa do Pobo de Lugo en 1935. En abril de 1936 designárono compromisario para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz. Participou na redacción o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) de 1936.

Condenado a prisión por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 por formar parte da comité revolucionario local.

Fuxido. Exiliado.

Ao producirse o golpe de Estado participou na chamada á formación de milicias para deter ás tropas acuarteladas en Lugo con, entre outras persoas, Rafael de Vega Barrera e José-María Díaz Díaz-Villamil.

Despois fuxiu a Portugal e, máis tarde, pasou a Francia.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Volveu desde o exilio a Lugo no ano 1951 e continuou co negocio familiar ata a súa xubilación aos 75 anos. Xa de maior casa con Olga Sánchez Vázquez; non teñen fillos.

Nas eleccións democráticas de 1982 e de 1986 elixírono senador pola provincia de Lugo dentro das listaxes do PSdeG.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha