Nacemento:
Morte:
Canteiro e político, 33 anos. Solteiro. Veciño de Cea. Emigrante na República Arxentina, ao regresar traballou de canteiro en Cea.
Paseado.
Despois de producirse o golpe dos sublevados, co seu medio irmán José-Gerardo del Río Villanueva, fixo de enlace dos fuxidos no monte Xiabre. O día 14/06/1937 subiu ao monte con José-Gerardo para entregarlle un paquete e unha nota a José Torrado Herbón da parte da súa nai.
Detidos por un grupo das milicias que mandaba o capitán Bernal e que facían unha batida no monte Xiabre con máis de cen efectivos entre militares, falanxistas e corpos de seguridade.
A Paulino e a José-Gerardo encarceráronos no cuartel da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa e torturáronos.
Baixo o pretexto dun traslado a Pontevedra, o sarxento do posto de Vilagarcía de Arousa Desiderio Camacho Pinillana, asasinounos aos dous ás 18:00 h nas Raposeiras, preto de Vilanoviña, na estrada de Vilagarcía de Arousa-Nogueira.
Morte rexistrada en Paradela a causa de "atricción de la substancia cerebral" e hemorraxia menínxea.
O cura de Paradela non deixou que os soterraran en sagrado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.