← Volver atrás

Caridad Mateo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 24/06/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 01/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Arquitecto, 30 anos. Veciño da Coruña. Fillo de Rogelio Caridad Pita, gobernador militar da Coruña en 1936 e fusilado polos sublevados. Irmán de Carlos Caridad Mateo, Francisco-Javier Caridad Mateo, Rogelio Caridad Mateo e Vicente Caridad Mateo, todos eles fuxidos. Estudou a carreira de Arquitectura na Universidade de Santiago de Compostela (USC), na de Madrid e rematouna na de Barcelona no ano 1931. Nese ano 1931 era arquitecto da Cámara Oficial da Propiedade Urbana da Coruña.

Militou no Partido Galeguista (PG).

Depurado. Exiliado. Encarcerado.

Despois do alzamento militar rebelde cesárono no seu posto de arquitecto.

Pasouse cos seus irmáns ao bando republicano e estivo no Corpo Técnico de Aviación da República.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Foxe a Brest (Francia) ao remate da contenda e pasou polo campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Posteriormente, no ano 1939, embarcou no buque Sinaia e exiliouse en México; chegou a Veracruz o día 13/06/1939 cos seus irmáns Rogelio, Vicente e Carlos. Xa no exilio mexicano creo unha empresa construtora.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha