← Volver atrás

Casabella Fernández, María-Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

Ourol
(Lugo)

Morte:

O Candedo, Santa María de Ourol
- 16/04/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrega. Veciña do Candedo.

Executada.

Na súa casa do Candedo refuxiábase o fuxido Alejandro Temblás Paz, ao que o día 16/04/1938 recoñeceu un veciño e denunciouno aos represores.

Falanxistas e Garda Civil rodearon a casa. Alejandro logrou fuxir. Felicitas Casabella Fernández morreu polas balas ou a metralla das granadas. María-Josefa e a súa sobriña, de 13 anos, Encarnación Casabella Fernández, saíron a aira despois do compromiso dos falanxistas de respectar as súas vidas tras das xestións dun parente, pero asasináronas na porta da casa.

Nesta orxía de sangue participaron como verdugos, entre outras persoas, Antonio Ladra (alcalde de Ourol), Emilio Bouza (xefe local de Falanxe), Eugenio Areas Casal, o Areas (axustizado pola guerrilla o 17/03/1949), e Guillermo Novo, o Roque, (axustizado pola guerrilla o 03/04/1949).

Os falanxistas queimaron a vivenda, mataron o gando e logo festexaron a orxía de sangue ceando uns cabritos, confiscados na casa das Casabella, nunha taberna próxima, a taberna de Xan Branco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha