Nacemento:
Morte:
Militar, 46 anos. Casado. Pai do actor Fernando Casado Arambillet, Fernando Rey. Aos 15 anos ingresa na Academia de Artillería de Segovia, no ano 1905. No ano 1910 era tenente na comandancia de Ferrol (A Coruña). Xa co grao de capitán participou na Guerra de Marrocos, acadando o grao de comandante no ano 1926 por méritos de guerra e sería moitos anos profesor da Academia de Artillería. En maio de 1936 era axudante de campo do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.
Encarcerado.
Cando se produce a sublevación militar mantívose fiel á República. Organizou a defensa da artillería na batalla por Madrid. Xefe de artillería do Exército do Centro, participou nas frontes de Guadarrama, Jarama, Guadalaxara e Brunete. No ano 1937 era xefe do Estado Maior do XIII Corpo de Exército do Exército de Levante. En maio de 1938 ascende a coronel por méritos de guerra.
Despois do golpe de Estado do coronel Segismundo Casado López, xa sendo xeneral, pasou a Valencia e negouse a fuxir; detido polos golpistas e ingresado no campo de concentración de Mestalla, Valencia.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Valencia co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de Valencia pola de cadea perpetua.
Interno na Prisión Militar de Valencia, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 157 do día 06/06/1943.
Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid e indultárono no ano 1945.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.