← Volver atrás

Castro Pena, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

Santiago de Tabeirós, A Estrada
(Pontevedra)

Morte:

San Pedro de Parada, A Estrada
- 31/10/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político. Casado en 1931 con María-Sara Meijide Salgado; tiveron catro fillos e tres fillas: José-Luis, Juan-José, María de la Paz, Marina, Manuel María del Carmen e Rafael. Veciños da Estrada. Mestre de Rubín (A Estrada) e, no ano 1934, da Estrada.

Presidente da Asociación de Mestres Nacionais na Estrada.

Falanxista. José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia nomeouno delegado de Falanxe en Pontevedra e a primeiros de xullo de 1936 designárono xefe provincial de Falanxe en Pontevedra.

O día 01/05/1936 enfrontouse, cos seus irmáns, á manifestación dos obreiros na Estrada; ferido e detido, pasou un mes na cadea.

O día 06/07/1936 estivo, con outros, na prisión da Cañiza, onde se abordou o próximo golpe militar.

O día 13/07/1936, falanxistas que el dirixía con Víctor Lis Quibén, tentaron tomar a cidade de Pontevedra, acción que frustrou a Garda de Seguridade e Asalto. Despois disto e poucos días antes de que se producira o golpe dos rebeldes botouse ao monte con outros dez camaradas de Pontevedra e non volveron ata o triunfo da sublevación.

Golpista. Represor.

Sumouse inmediatamente ao movemento rebelde. Presentouse na Estrada como xefe provincial de Falanxe e obrigou aos seus veciños a construír a estrada do Arnado-Codesedo (A Estrada) ata a súa casa en Parada, secundado polo matón Ramón Bao Lagares.

En xaneiro de 1937 destituírono, pero en xullo de 1938 nomeárono delegado de Investigación e Información de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) en Ourense.

En 1939 pasou a traballar na Secretaría Política do ministerio da Gobernación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha