Nacemento:
Morte:
Militar, 64 anos. En 1910 casou con Blanca Quiroga Pardo-Bazán (filla de Emilia Pardo Bazán). En 1888 ingresou na Academia Xeral Militar. Participou nas campañas de África. Xeneral de división no ano 1919. Era comandante xeneral de Melilla e, cando o destituíron en decembro de 1921, substituíuno José Sanjurjo Sacanell. Acadou o grao de tenente xeneral en 1924 e foi xefe da Casa Militar do Rei.
Defensor da monarquía.
No ano 1923 apoiou o golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. En 1926 era capitán xeral da VI Rexión Militar. Entre 1930 e 1931 foi o capitán xeneral da II Rexión Militar.
No seu momento propúxolle ao rei Alfonso XIII o uso da forza en 1931 contra a proclamación da II República.
En agosto de 1932 participou na "Sanjurjada", polo que o xulgaron polo delito de rebelión militar e condenaron a dez anos de cadea en novembro de 1932; separárono do servizo. Amnistiado o día 26/04/1934, pero expulsado do país.
Golpista. Morte en combate.
Chegou á Coruña o día 28/07/1936 procedente de Portugal para sumarse aos golpistas. O día 30/07/1936 trasladouse desde A Coruña a Burgos para presentarse diante da Xunta de Defensa Nacional, despois de que se sumara ao levantamento militar.
Morreu en combate en Donostia, no lado nacional, durante o desenvolvemento da Guerra Civil Española.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.