Nacemento:
Morte:
Garda civil, 52 anos. Veciño da Coruña. Tenente coronel da Garda Civil. Destinado á Coruña o día 18/04/1936, enviado polo Goberno republicano para controlar os sectores sediciosos da Garda Civil.
Encarcerado. Depurado.
Cando se produce o golpe militar era comandante en xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, onde substituíra ao comandante Fernando Monasterio Bustos. Despois do intento golpista de abril de 1936, tratou de convencer aos oficiais da Garda Civil da conveniencia de ser fieis á República. Opúxose á saída das tropas da Benemérita ás rúas coruñesas, pero as súas ordes desobedecéronas os oficiais de inferior rango.
Mantivo contacto co gobernador civil Francisco Pérez Carballo ata o día 20 de xullo de 1936, despois deixa de acudir ao pazo gobernamental. Logo dalgunhas indecisións púxose ás ordes do sublevado Florentino González Vallés, cando comprobou que o golpe saía adiante.
Nomeado delegado de Orde Pública, había moitos compañeiros rebeldes que dubidan das súas intencións e das súas actuacións anteriores e que non vían ben a súa indulxencia cos detidos.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á rebelión, na causa 613/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Interno no Castillo Militar de San Antón (A Coruña), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 289 do día 16/10/1941.
Os franquistas dérono de baixa na Garda Civil por desafección ao Movimiento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.