← Volver atrás

Conde Pazos, Tomás

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 19 anos. Solteiro. Veciño de Sober (Lugo).

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión ou de rebelión militar, na causa 602/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Proceso contra varios veciños de Sober.

Condenaron á pena de morte a Pedro González Castro. Castigaron coa pena de cadea perpetua a: Benjamín Arias Fernández, Castor Bouza Vázquez, Tomás Conde Pazos, José Díaz Piñeiro, Dionisio González Fernández, Francisco Pastor Fernández, Antonio Rodríguez González, Julio Rodríguez González, Andrés Rodríguez Rodríguez, Antonio Rodríguez Rodríguez, Daniel Rodríguez Varela, Cipriano Rodríguez Vázquez, José Rodríguez Vázquez, Gumersindo Trigo Álvarez e Rogelio Vázquez Varela. Pena de 20 anos de cadea a Andrés Rivas Fernández; a 15 anos a Víctor Fernández Vázquez e a Antonio-María Mantilla González; 12 anos de cadea para: José Fernández Carballo e Antonio Rodríguez González. Ditouse auto de sobresemento provisorio para Enrique Fernández Guitián e de absolución para: Tomás de la Fuente Pérez, Lorenzo López García, Secundino Pérez Vázquez e Jacinto Rodríguez Andreu. A mesma sentenza declarou fuxidos a: Orencio Fernández López, Antonio Gallego Teimoy e Antonio Pérez González.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 234 do día 22/08/1943.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha