← Volver atrás

Coto Chan, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

O Pazo, San Miguel de Couselo, Cuntis
(Pontevedra)
- 18/11/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Estrada
(Pontevedra)
- 11/02/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carniceiro e político, 39 anos. Casou na República Arxentina con Ramona Abad Martínez, de Santo André de Barrantes, Ribadumia (Pontevedra); tiveron un fillo e unha filla: Gerardo e Lola. Veciños da Estrada. Emigrou con trece anos á República Arxentina, de onde regresou coa súa familia no ano 1926 e instaláronse na Estrada, onde abriron unha carnicería na praza de abastos.

Militou no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), do que o nomearon presidente do Comité Local da Estrada en agosto de 1931; despois pasouse ao PSOE.

Detido durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 acusado, con outros, de cortar os fíos da telefonía e da telegrafía (acusado de danos por valor de 25 pesetas), condenárono a un ano, oito meses e 21 días de cadea e trasladárono a El Dueso, Santoña (Cantabria). Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, indultárono e liberárono o día 14/02/1936.

En marzo de 1936 elixírono deputado provincial, cargo do que dimitiu de inmediato, o día 26/03/1936. Tamén sería concelleiro da Estrada e 2º tenente alcalde desde o día 05/05/1936.

Encarcerado. Sancionado.

Cando se produce o golpe de Estado nomeárono delegado de Orde Pública ata o día 22/07/1936, data na que os republicanos se disolven pacificamente.

Avisado de que figuraba na listaxe dos falanxistas, o día 20 de xullo foxe polo monte cara Couselo. Mantívose oculto en varios lugares, entre eles na casa da súa tía Filomena Coto. Formou parte do Comité Popular Antifascista da Estrada.

Detido polos rebeldes o día 28/11/1938 con José Silva Rey, na casa de Higinio Carracedo Ruzo, en Castro Ramiro, Carracedo da Somoza, A Estrada.

Ingresou na Prisión da Parda, en Pontevedra, o día 04/02/1939.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 875/38, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 05/09/1939.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.

Trasladárono ao penal de El Dueso, Santoña (Cantabria) e, finalmente, confinárono no campo de concentración de Brunete (Madrid), onde o someteron a traballos forzados.

En outubro de 1939 ábreselle un expediente de responsabilidades políticas.

Interno no Campamento Penitenciario de Brunete (Madrid), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 352 do día 18/12/1944.

Indultado en outubro de 1945 e coa súa saúde deteriorada pola tuberculose, morreu ao ano seguinte na Estrada.

Os seus bens e negocios fóronlle expropiados.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.