Nacemento:
Morte:
Mestre, 38 anos. Casou en Bendilló, o día 11/04/1923, con Pastoriza Rodríguez González. Veciños de San Xiao de Marín, Marín (Pontevedra). Mestre nacional de Bendilló.
Aos 17 anos consegue o título de mestre en Ciudad Real, onde o seu pai tiña o destino neses anos. Mestre en Oia, Santa María de Xeve, Vilar de Infesta, Campañó e Covelo, na provincia de Pontevedra. De 1923 a 1933 exerceu de mestre en Bendilló, onde casa. Volve a Pontevedra en 1933 como mestre de San Xiao de Marín.
Semella que se unira á Unión Republicana (UR), xa que a súa familia directa e política tiña responsabilidades dentro deste partido, entre eles o seu cuñado Celestino Poza Pastrana, home da súa irmá Aurelia Couto Mallén. Esta afiliación non pode demostrarse.
Depurado. Sancionado.
Despois do golpe de Estado ameazárono os falanxistas polo que se refuxiou en Vigo (Pontevedra) na casa da súa irma Mariña Couto Mallén. A familia fixo correr a voz de marchara para a República Arxentina e a súa dona e fillos regresaron a Bendilló.
Ábreselle un expediente de depuración con resolución do día 30/08/1936 de suspensión de emprego e soldo, separación definitiva do servizo e baixa na escala de mestres.
Tamén o procesaron no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para sobrevivir e axudar á súa familia adicouse a facer pinzas e agullas, traballou dous anos nas minas de volframio de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), de carpinteiro na construción de presas e encoros e tivo un obradoiro de carpintería na casa de Bendilló.
Suspendido de emprego durante 22 anos, de 1936 a 1958, ano no que o rehabilitaron pero coa sanción de tres anos fóra da provincia e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.