← Volver atrás

Crespo Alfaya, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 06/04/1922 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 01/01/2004 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 14 anos. Estudou o bacharelato en Pontevedra. Irmán de Manuel Crespo Alfaya, franquista.

Encarcerado.

Despois do triunfo fascista exerceu como mestre interino. No ano 1942 integrouse no PCE. Marchou a Madrid a estudar Químicas.

Detido en xuño de 1948 cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra.

Nesta acción detiveron a: Carlos Crespo Alfaya, mestre; Jesús Carrera Barreiro; Severino Domínguez Rey, mariñeiro; Manuel López Esperón, mestre, e Gonzalo Velasco.

A Crespo Alfaya torturárono.

Xulgado en consello de guerra co resultado de sentenza a dez anos de cadea.

Cumpriu a condena durante catro anos, pasando polos cárceres de Vigo (Pontevedra), A Coruña e El Dueso, Santoña (Cantabria).

Puxérono en liberdade vixiada en xullo de 1952. Enfermou e residiu dous anos en Guadalaxara coa súa nai e a súa sobriña. Despois volveu a Santo André de Barrantes, Ribadumia (Pontevedra), onde traballou de contable para un amigo. Tempo andado montou unha academia.

Nos anos sesenta conmutáronlle os antecedentes penais e aprobou as oposicións de mestre. Destinárono á escola da Escusa, Ribadumia, no ano 1967.

Membro do PCG, EU e CCOO.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha