← Volver atrás

Cribeiro González, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Santa María de Mogor, Mañón
(A Coruña)
- 14/12/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Casou no ano 1926 con Juliana-Concepción Gómez Martín. Veciños de Santa Baia de Donas, Gondomar (Pontevedra). Irmán de Pío Cribeiro González, tamén mestre e depurado. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra; rematou no ano 1915 e aprobou as oposicións en 1924. Destinárono en 1924 como mestre nacional a Donas.

Un dos animadores da Sociedade Labrega de Donas. Presidente da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV). Concelleiro e alcalde de Gondomar. Militante de partidos das esquerdas.

Encarcerado. Depurado.

No momento no que se produce o golpe de Estado era xurado dunhas oposicións en Pontevedra. Os franquistas prendérono o 15/08/1936 e internárono na cadea ao día seguinte.

Xulgado en consello de guerra en Vigo o día 16/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 805/36, co resultado de sentenza de absolución. Proceso contra varios veciños de Gondomar.

O auto resolutorio condenou á pena de morte a Joaquín Míguez Ledo; condenaron a cadea perpetua a: Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias e Feliciano Vargas; pena de nove anos para José Vargas Lorenzo. Ditouse auto de absolución para: Rogelio Lorenzo González, José Pequeño Rodríguez e José Cribeiro González, e de sobresemento provisorio para Manuel Domínguez Sanromán.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Cando o deixaron en liberdade agochouse por Pontevedra e Santiago de Compostela (A Coruña), ata que decide alistarse voluntario na Lexión para evitar a presión de gardas cívicos e falanxistas.

Separado do servizo e dado de baixa na escala de mestres o día 24/07/1941.

Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo no ano 1940.

Coa súa dona, tamén mestra, sobreviviron dando clases particulares en Gondomar.

Non o rehabilitaron como mestre ata ben entrados os anos cincuenta e destinárono a San Pedro de Matamá, Vigo, onde se xubila no ano 1972.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.