← Volver atrás

Díaz López, José-María

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Santa María da Regueira, Oza dos Ríos (A Coruña).

Colaboracionista.

O día 9 de marzo de 1952 a Benigno Andrade García, Foucellas, prendérono no lugar da Costa, Burricios, Santa María da Regueira, despois da delación de José-María Díaz López, que os descubrira nunha leira da súa propiedade e que, ata entón, fora un valioso enlace da guerrilla.

A Díaz López premiouno a Garda Civil pola súa colaboración.

No enfrontamento morreron Manuel Vilar Arnoso, Manolito (axustizado de dous tiros na cabeza en aplicación da Lei de Fugas), outro maquis e o garda civil, Cesáreo Díez Pérez; feriron o número Nicanor Álvarez Álvarez e logrou fuxir Juan Couto Sanjurjo, Simeón, que estaba enfermo e agochado noutra casa.

A Foucellas arrestárono con outros dous compañeiros; a el ferírono en brazos e pernas e colléreno coa perna dereita rota. O operativo contra os fuxidos dirixiuno o tenente da Garda Civil de Curtis, Enrique Vázquez Martínez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha