Nacemento:
Morte:
Propietario, 58 anos. Casado e con fillos. Veciños de Pontedeume. Tiña unha farmacia en propiedade en Pontedeume (a botica de abaixo, ou a botica dos pobres). Mantiña un enfrontamento cos Prego, que tiñan outra farmacia e máis poder, a botica de arriba.
De ideas progresistas e sen afiliación política coñecida, na súa botica xuntábanse persoas das esquerdas.
Paseado. Sancionado.
Detido despois do golpe militar acusado de “organizar la revolución comunista así como apoderarse de armas y explosivos”. Cando o ingresaron na cadea en Pontedeume moita xente influente pediu que o deixaran en liberdade, pero os Prego eran máis fortes e a Garda Civil mantívoo na cadea.
Morte rexistrada a causa de feridas de bala por fusilamento.
O seu cadáver apareceu en Caamouco, onde o soterraron nunha fosa común.
Asasinado con outros sete homes polos falanxistas.
Fusilaron ás 05:00 h a: Leonardo Díaz Rosado, farmacéutico; José-Ramón Fernández Barral, mestre; Segundo Martín Martín, factor do ferrocarril; Pablo Rico Couceiro, propietario; Juan Pico González, labrego; Santiago Rodeiro Rodríguez, mariñeiro; José-María Varela Salido, ferreiro, e Ramiro Vázquez Salido, reloxeiro. Todos eles acusados de tenencia ilícita de armas e uso de explosivos.
Nestes paseos involucrouse o miliciano falanxista de Redes (Ares), Antonio López Deus, o Penón, quen remataría axustizado pola guerrilla antifranquista.
Ábreselle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña co resultado de imposición dunha multa de 750 pesetas á que debía que facer fronte a súa viúva; indultárono no ano 1941.
Os descendentes viviron unhas duras circunstancias durante o franquismo e farmacia sofre crise cando os falanxistas se poñían diante dela para que os clientes non entraran.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.