Nacemento:
Morte:
Albanel, 38 anos. Casado. Veciño de Gatomorto, Santa María de Xeve, Pontevedra (Pontevedra).
Agrarista que pertencía á Sociedade de Labregos La Fraternidad. Militante do PCE polo que se presentou como candidato nas eleccións a Cortes no ano 1933.
Executado.
Cando se produce o golpe militar participou na requisa de armas en Xeve para facer fronte aos sublevados e manter a legalidade republicana.
Detido pola Garda Civil na súa casa de Gatomorto o día 25/07/1936.
Xulgado o día 20/11/1936 en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1118/36, acumulada a causa 1098/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Nestes xuízos procesaron a: Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Nemesio Laya Abal, viaxante; Ciríaco Licer Cons, industrial; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre, e Ramón-Ángel-Vicente Rey Juncal, chofer. A Dios Costado, Fernández Barcia e Muíños Búa castigáronos á pena capital.
O fiscal, Hernán Martín-Barbadillo Pául non pedira a pena de morte para el, pero o tribunal, máis por mor das súas ideas que por feitos, condenouno a máxima pena.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Ese día 2 de decembro executaron ás 07:30 h no quilómetro 1 da estrada a Campañó, as seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.
Morte rexistrada en Pontevedra a causa de colapso cardíaco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.