← Volver atrás

Domínguez González, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Miguel de Corzáns, Salvaterra de Miño
(Pontevedra)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 24/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, xornalista e político, 40 anos. Solteiro e mozo de Angelina Estévez. Veciño de San Miguel de Corzáns. Emigrado en Bos Aires (República Arxentina) con só 15 anos; alí traballou como xastre e panadeiro; estivo 24 anos emigrado e volveu a Galicia no ano 1935.

Participou na fundación da Federación Labrega de Salvaterra de Miño, vencellada á UXT. Militante do PSOE, concelleiro e tenente de alcalde de Salvaterra de Miño. Secretario particular do alcalde de Salvaterra de Miño, Manuel Mariño Méndez, fuxido.

Colaborou co xornal A Fouce en Bos Aires (República Arxentina), onde escribe moitos artigos e ocupou un posto de responsabilidade. Tamén publicou artigos xornalísticos en Galicia.

Executado.

Participou como membro do Comité de Defensa da República na defensa, na requisa de armas, na organización da vixilancia, na detención de persoas reaccionarias e nos actos de sabotaxe para facer fronte aos golpistas.

Agochouse nunhas cortes de Leirado ata que o prenderon os fascistas o día 11/08/1936 e o confinaron en Tui (Pontevedra) e en Vigo.

Xulgado en consello de guerra en Vigo o día 06/02/1937polo delito de rebelión militar, con outros 23 veciños, co resultado de sentenza á pena de morte.

Os dez condenados e logo executados foron: Antonio Alfonso Domínguez, xornaleiro; José Domínguez González, xornaleiro; Vicente Domínguez Villar, carpinteiro; Manuel Eiró Estévez, labrego; José González Montero, labrego; José Macías Gutiérrez, peón; Antonio Martínez Soto, ferreiro; Manuel Romero Márquez, canteiro; José da Silva González, canteiro, e Etelvino Tielas, serrador.

Fusilado ás 11:00 h no Castelo do Castro, en Vigo.

Soterráronos no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo a causa dunha intensa hemorraxia interna.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha