Nacemento:
Morte:
Enxeñeiro, 41 anos. En 1931 chegou ao Bierzo (León), coa súa dona Maude, coa intención de buscar ouro nas Médulas, Carucedo (León); instaláronse nunha casa grande en Carracedo del Monasterio, preto de Cacabelos (León).
Sancionado.
Comezou a colaborar cos maquis do Bierzo e Galicia ao iniciarse a II Guerra Mundial, convertendo o sobrado da súa casa en improvisado hospital de fuxidos e lugar de apoio da guerrilla. Espía do Goberno británico de Winston Churchill desde o ano 1941 ata o ano 1948. Contactou coa guerrilla a través de Silverio Yebra Granja, Atravesado.
Actuou de enlace con numerosos grupos de guerrilleiros antifranquistas, mandaba informes sobre os movementos de volframio nas minas de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), levantaba mapas topográficos e rematou por ser enlace entre a Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e os aliados, negociando a axuda das partidas para sacar cara Portugal aos pilotos caídos na Francia ocupada polos nazis no decorrer da II Guerra Mundial.
Alexander, a máis do seu apoio á guerrilla, puxo a disposición destes unha radio e unha máquina de escribir que permitiron a publicación de El Guerrillero. Tamén puxo á disposición da guerrilla un hospital clandestino na súa casa, que atendían o médico Genadio Núñez Antón de Cacabelos (León), a quen os falanxistas asasinaran un fillo, e o practicante Ángel Basanta García, tamén de Cacabelos.
En 1948 e por mor das declaracións baixo tortura de Marcelino de la Parra Casas, Parra, contou que Easton era colaborador da guerrilla, polo que en agosto de 1948 expulsárono de España e, coa súa dona, volveu para Edimburgo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.