← Volver atrás

Eizaguirre Rementería, Concepción

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Erandio
(Biscaia)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou en Erandio co mariñeiro fogueiro Ramón Díz Rivas; tiveron dous fillos: José-Ramón e Luis. Cuñada de José Diz Rivas, morto en Odessa (Ucraína). Ao tío paterno do seu home, Manuel Diz Rubianes, presidente do Sindicato Nacional do Transporte Marítimo (SNTM) de Vilagarcía de Arousa, executárono os franquistas o día 15/08/1936.

Vítima colateral.

Ao seu home evacuárono de Bilbao cara Francia no ano 1937, seguramente sen a súa familia; no ano 1939 confinárono en Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia); o día 06/04/1939 trasladárono a Gurs (Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia), preto do País Vasco, con outros 1379 presos, de onde os desaloxaron en xullo de 1939.

A Ramón prendérono os alemáns e ingresárono no campo de Angulema (Charente, Nova Aquitania, Francia), pasou polo campo de exterminio de Mauthausen (Austria) e, logo, enviárono ao de Gusen (Austria), onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha