← Volver atrás

Estévez Blanco, José

Alcume: o Raña
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda cívico. Veciño de Pontevedra.

Represor.

Despois do golpe de Estado, na noite do 6 de setembro de 1936, prenderon ao avogado e funcionario da Deputación de Pontevedra Alberto Martínez Tiscar na súa casa do Covelo, Santa María de Samieira, Poio (Pontevedra), un grupo de gardas civís, falanxistas e gardas cívicos, baixo a acusación de prestar axuda aos das esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936; eran sobre as 23:00 h.

De camiño a Pontevedra metérono nunha furgoneta con outros detidos; torturáronos e paseáronos ás aforas de Bueu ese mesmo día e, logo, afondáronos no mar.

As acusacións sobre a orden de detención encamíñanse no ano 1939 cara o comandante da Garda Civil Joaquín Velarde Velarde, o gobernador civil Ricardo Macarrón Piúdo e o xefe da Garda Cívica, o alférez Víctor Lis Quibén. Tamén se viron implicados dous gardas civís, e os cívicos pontevedreses Borrajo; Manuel Mirón Vázquez, o Cheira; José Estévez Blanco, o Raña, e José-Avelino Fraga Alonso, o Chalán, e algúns falanxistas; todos eles eran habituais destas “valentes” actuacións.

A causa 440/40, que se iniciou contra os implicados nestes asasinatos, rematou sobresida de xeito provisorio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha