← Volver atrás

Fariña Reinante, Santiago

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Ribadeo
(Lugo)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Paulo de Río Barba, O Vicedo
(Lugo)
- 04/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 40 anos. Casado; tiñan dous fillos e tres fillas. Veciños de Ribadeo. Rexía un bar-estanco na súa localidade.

Militante do PSOE. Presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) na súa cidade.

Fuxido. Paseado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 02/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 309/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Ribadeo.

A sentenza deste xuízo condenou á pena de morte a: Fernando Bellón Fernández, Antonio Fernández Sánchez e Luciano Martínez Piñeiro; penas de cadea perpetua para: José Castaño Reimundo, Francisco Rodríguez Monteavaro e Luciano Rodríguez Monteavaro; tamén castigaron a prisión a José-Antonio Díaz Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Florencio Carballo Novigil, Santiago Fariña Reinante, Enrique Navarret García, José-María Torviso Fernández e Andrés Vale Blanco.

Ingresado no depósito de Ribadeo o día 02/08/1936; sacárono da cadea baixo a responsabilidade do cabo do Corpo de Carabineiros Ignacio García Frutos e asasinárono.

Morte rexistrada en San Paulo de Río Barba por mor de disparos de arma de fogo; pegáronlle dous tiros na cabeza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha