Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e político, 29 anos. Casou no ano 1932 con Dolores Corredoira González (+decembro de 1934). Veciños de Pontevedra. Irmán de Saturno Fernández Barcia, procesado, e de Antonio Fernández Barcia, encarcerado.
Afiliado á Sociedade de Ebanistas, vencellada á UXT.
Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 arrestárono e encadeárono.
Executado.
Nos días do golpe militar acusárono de participar na requisa de armas que se realizara na armería de Ruperto Santos e nos feitos revolucionarios de xullo, arengando e alentando aos grupos rebeldes. Refuxiouse en Vigo (Pontevedra) na casa duns parentes e prendérono o 25/08/1936.
Xulgado o día 20/11/1936 en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1118/36, acumulada a causa 1098/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Nestes xuízos procesaron a: Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Nemesio Laya Abal, viaxante; Ciríaco Lícer Cons, industrial; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre, e Ramón-Ángel-Vicente Rey Juncal, chofer. A Dios Costado, Fernández Barcia e Muíños Búa condenáronos á pena capital.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Ese día 2 de decembro executaron ás 07:30 h no quilómetro 1 da estrada a Campañó, as seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.
A dous dos seus irmáns detivéronos nos anos corenta acusados de actividades subversivas: Antonio Fernández Barcia, detido en 1947 por recadar fondos para Mundo Obrero, deixárono en liberdade por falta de probas; Saturno Fernández Barcia, prendido e procesado en 1948 por presunta implicación co PCE e absolto na causa.
Joaquín era tío do que foi presidente da Real Academia Galega (RAG) Víctor Fernández Freixanes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.