Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 41 anos. Casado en 1931 con María García-Villamil Noriega. Veciños de Ribadeo (Lugo). Licenciado en Dereito. Aprobou as oposicións de rexistrador da propiedade en 1920 e destinárono á Fonsagrada; en 1923 era rexistrador da propiedade en Ribadeo.
Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja foi dirixente do Ateneo Biblioteca Popular.
Na II República organizou o Comité Local de Esquerda Republicana (ER) en Ribadeo e elixírono en abril de 1936 compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.
Encarcerado. Depurado.
Prendérono os franquistas, ingresárono no depósito de Ribadeo o día 01/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
En novembro de 1936 marchou a Celanova (Ourense) e detivérono alí en setembro de 1937.
Xulgado en consello de guerra en Lugo, o día 22/02/1938, polo delito de incitación á rebelión, na causa 974/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 01/11/1936.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1238/37, co resultado de sentenza a 12 anos de cadea segundo resolución do día 25/02/1938.
Cumpriu a condena na Prisión Provincial de Lugo.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo pola de dous anos en febreiro de 1940; concédeselle a liberdade condicional o día 08/07/1940.
Separado do servizo como rexistrador da propiedade en 1938. Rehabilitado, traballou como rexistrador en Priego de Córdoba (Córdoba) e, no ano 1957, en Sagunto (Valencia).
Procesárono por responsabilidades políticas e castigárono cunha multa de 1000 pesetas o 08/06/1940.
Morreu nun accidente de tráfico en Vitoria (Araba).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.