← Volver atrás

Fernández González, José

Alcume: o Rizo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferreiros, Santa María a Real de Entrimo, Entrimo
(Ourense)
- 15/11/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 22/12/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro, 20 anos. Veciño de Ferreiros.

Executado.

Cando mobilizaron a súa quinta os militares franquistas no ano 1937 fuxiu o día 17/01/1937 para Ribeiro de Abaixo, Castro Laboreiro (Melgaço, Viana do Castelo, Portugal). O día 21 dese mes detiveron ao seu pai, Antonio Fernández, como chantaxe para que se presentara.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

En Portugal traballou de zapateiro. Neste país serviu, con José Fernández Alonso, Gres, de base para a supervivencia da guerrilla que encabezada Víctor García García, o Brasileño, e os lugueses José Rodríguez Páramo, Páramo, Secretario, Pepe Dente de Ouro, e Ramón Yáñez Pereira, Enrique, Médico, antigo policía da Generalitat.

Procesárono no ano 1941. Arrestárono no ano 1942.

Xulgado en Ourense en consello de guerra, o día 16/11/1942, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha