← Volver atrás

Fernández Rico, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Vilasantar
(A Coruña)
- 01/01/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Xunqueira
(Pontevedra)
- 05/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, torneiro e político, 45 anos. Casado con Purificación Prado Rey; tiveron cinco fillas e catro fillos: Purificación, Pilar, Ramona, José, Divina, Carmen, Tino, Lino e Manuel, nado cando el estaba na cadea. Veciños da Estrada (Pontevedra) e copropietario dunha carpintería.

No ano 1931 era vicepresidente do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Despois foi directivo de Unión Republicana (UR). Logo das eleccións de febreiro de 1936 sería tenente de alcalde da Estrada pola Fronte Popular (FP).

Executado. Sancionado.

Exercía de alcalde accidental da Estrada cando se produce o golpe militar pois o titular, Jesús-Ignacio Puente Fontanes, viaxara a Madrid para a presentación do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Fernández Rico recibe ordes do gobernador civil de armar ao pobo e deter aos falanxistas que apoian o golpe militar. Ramón escondeuse uns días e logo presentouse ás novas autoridades.

Internárono na Prisión Provincial de Pontevedra e logo na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, en marzo de 1937, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: Ramón Fernández Rico, carpinteiro; Manuel Nogueira González, carpinteiro; José-María Pena López, industrial; Jesús-Ignacio Puente Fontanes, xastre; José Rodríguez Sangiao, ferreiro e chapista, e Cándido Tafalla Froiz, industrial. Fusiláronos aos seis en Pontevedra.

Fusilado no Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra).

A súa dona Pura morreu un ano despois ca el, na pobreza, igual que cinco dos seus fillos.

No ano 1941 sancionárono cunha multa de 50 pesetas por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha