Nacemento:
Morte:
Tiña 42 anos. Veciño da Virxe do Camiño, San Pedro de Muros, Muros.
Militante da CNT.
Executado.
Pasaxeiro do vapor mercante Udondo.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de traizón á patria, na causa 22/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Morte rexistrada en Ferrol por mor de feridas de arma de fogo en aplicación dos bandos de guerra.
O auditor do xuízo foi José García-Rendueles Gutiérrez, coronel auditor da Armada, que non tivo reparo en solicitar a pena de morte para toda a tripulación.
Ao Udondo capturouno o día 12/09/1936 o bou artillado Tritón cando viaxaba de Valencia a Xixón (Principado de Asturias) cun cargamento de froitas e avituallamentos e levárono a Ribadeo (Lugo). Á tripulación do mercante, 42 persoas, trasladárona a Ferrol e fusilárona ao longo de tres días, de 14 en 14.
Acusáronos de eliminar ao anterior capitán do barco, Rafael Gaztañazatorre, carlista, quen logo apareceu vivo e que desaparecera do barco en Valencia por propia vontade, temendo represalias dos republicanos asturianos.
O día 25/09/1936 fusilaron no cemiterio de Serantes a 12 tripulantes e a dous pasaxeiros do mercante Udondo: Óscar Blanco García, 35 anos, capitán do vapor; Juan López Campos, 28 anos, 1º oficial; Arturo Caballer Solana, 31 anos, 2º oficial; Luis Maroto Chapa, 29 anos, 3º oficial; Pedro Zabala Arrizubieta, 59 anos, maquinista; Máximo Piñera Piñera, 55 anos, maquinista; Bernabé Caicoya Sánchez, 35 anos, maquinista; Fernando Cuadrado Sancha, 46 anos, radiotelegrafista; Félix Berruecos Rojas, 25 anos, mozo; Fidel Sarriugarte Goicoechea, 27 anos, fogueiro; José-Juan Sendón Seoane, 43 anos, contramestre; Francisco Arruabarrena Albonigamenor, 43 anos, mordomo e os pasaxeiros, militantes da CNT, Santiago Cela López, 29 anos e José Fernández Santiago, 42 anos.
O día 26 de setembro executaron no mesmo cemiterio a 14 tripulantes deste mercante: Antonio Méndez Ardá, 26 anos, mozo; Ramón Fernández Fernández, 29 anos, fogueiro; José Otero Pérez, 25 anos, mariñeiro; Antonio Torres Rodríguez, 28 anos, mariñeiro; José Romay Betanzos, 26 anos, mariñeiro; Fernando Castillo Machazo, 39 anos, marmitón; Carmelo Zorrilla Zabala, 20 anos, camareiro; Ignacio Anasagasti Arruabarrena, 22 anos, cociñeiro; José-Senén Balsa Iglesias, 34 anos, fogueiro; Eugenio Dopazo Calviño, 24 anos, caldeireiro; Juan Ibinarriaga Lopategui, 30 anos, fogueiro; Santiago Gondra Zigorraga, 22 anos, marmitón; Saturnino Gancedo San Ciprián, 34 anos, camareiro e Valentín Ces Queiro, 24 anos, mariñeiro.
O día 27 de setembro pasaron polas armas no dito cemiterio a outros 14 tripulantes do Udondo: Ricardo Fornés Chust, 33 anos, paleiro; Valentín Betanzos Pérez, 27 anos, mariñeiro; José González Romay, 30 anos, mariñeiro; Constante Couselo Casás, 26 anos, fogueiro; Manuel Izaguirre Lijarregui, 32 anos, engraxador; Teófilo Zorroza Guezurraga, 21 anos, paleiro; Ángel Loroño Echandía, 25 anos, maquinista; Santiago Celaya Aguirre, 25 anos, fogueiro; Leandro Uriarte Echandía, 24 anos, fogueiro; Máximo Madariaga Macuadra, 21 anos, fogueiro; Manuel Figueras Braña, 23 anos, paleiro; Emilio Pardo Otero, 44 anos, mariñeiro; Antonio Rodríguez Casais, 27 anos, fogueiro e Cristino Fernández Valdés, 43 anos, paleiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.