← Volver atrás

Froufe Espinazo, Hipólito-Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Puerto Seguro
(Salamanca)
- 27/09/1878 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 11/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empresario e labrego, 57 anos. Casado con Isabel Carlos Núñez; tiñan sete fillos e tres fillas. Veciños da rúa Matadero Viejo, 2, Salamanca. Dous dos seus fillos foron asasinados polos fascistas e a outro condenárono a cadea perpetua.

Paseado.

Os franquistas acusábano de actividades contrabandistas de billetes do Banco de España entre Salamanca e Portugal.

Desapareceu de Santander (Cantabria) despois da toma da cidade polos sublevados en 1937. Semella que viaxaba no Genoveva Fierro, prendérono os rebeldes e trasladárono a Ferrol.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista despois dunha saca da cadea na que o tiñan retido.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Canido, en Ferrol.

O barco mercante Genoveva Fierro facía a travesía de Santander (Cantabria) a Valencia con 200 pasaxeiros; tamén transportaba munición para o exército republicano. Ao mercante abordouno o destrutor franquista Velasco o día 03/09/1936 e conducírono ao porto de Ferrol.

Aos pasaxeiros deste mercante Jaime Bosch, Bautista Folch, Hipólito-Jesús  Froufe Espinazo e Esteban Mayorga enxuizáronos en Ferrol, condenáronos a morte, executáronos o día 12/09/1936 e soterráronos no cemiterio de Canido, en Ferrol.

Tamén xulgaron en Ferrol varios membros da tripulación por adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte e executados no Arsenal de Ferrol.

O día 5 de febreiro executaron a: Enrique Callealta Gutiérrez, mariñeiro, Nemesio Fernández Garaño, mordomo, e Eloy Gutiérrez Noriega, radiotelegrafista.

Neste procedemento absolveron e puxeron en liberdade a: José-Antonio Méndez Santamarina, mariñeiro, e Julián Zulueta Iturregui, 1º oficial.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha