← Volver atrás

Gallo Gallo, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Pontenova
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 29/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 24 anos. Solteiro. Veciño de San Pedro de Bogo, A Pontenova. Mestre nacional de Bogo. Depositario interino do concello de Vilaoudriz ata novembro de 1933.

Militante da UXT e tesoureiro do Sindicato Mineiro de Santiago de Vilaoudriz, A Pontenova, en 1933. Presidente do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en Vilaoudriz. Militante de Esquerda Republicana (ER), foi alcalde da súa localidade en 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).

Executado.

Prendérono os franquistas e ingresárono no cárcere de Lugo o día 26/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, sedición e lesións, na causa 1017/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 14/04/1937. Proceso desenvolto contra varios veciños da Pontenova.

Condenaron á pena de morte a: Manuel Enríquez Fernández e José-María Gallo Gallo; castigos de cadea perpetua para: Benjamín Martínez Rodríguez e Jesús Rodríguez Gutiérrez. O auto ditou sentenza de sobresemento provisorio para: Anselmo Basanta Cancio, Manuel Lombardía Muruais e Darío López López, e declarou fuxidos a: Manuel Lastra Corredoira e Jesús Sampedro Vázquez.

Fusilado ás 06:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Nese lugar e data asasinaron a: Marcelino Albo Meitín, obreiro; Manuel Enríquez Fernández, labrego; Faustino Fernández Cartategui, xornaleiro; Daniel Fernández López, xornaleiro; José-María Gallo Gallo, mestre; Antonio García Gómez, carteiro; Eduardo Linares García, xornaleiro, e Emilio-Manuel Timiraos Cervo, carpinteiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha