← Volver atrás

Gándara Fernández, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 15/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 26/02/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casou co médico, xornalista e escritor Darío Álvarez Blázquez; tiveron dous fillos: Darío e Alfonso. Veciños de Vigo. O seu home exerceu a medicina en Tui e en Vigo, onde tamén exerceu de profesor auxiliar de Ciencias Naturais no Instituto.

Darío fundou o Partido Galeguista (PG) en Tui no ano 1932, do que desenvolveu a presidencia; colaborou en varios xornais e revistas: Galicia Emigrante, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia...

Vítima colateral.

Despois de producirse o golpe de Estado a Darío Álvarez arrestárono en Tui nos primeiros días; co engano dun suposto embarazo salvou a vida de Josefa García Segret cando a condenaran á pena de morte; como médico de prisións salvou a outros moitos presos.

No ano 1947 volven a prender ao seu home, esta vez en Vigo, baixo a acusación de pertencer á Unión de Intelectuais Libres (UIL).

Álvarez Blázquez foi académico da Real Academia Galega (RAG) e da Academia de Medicina de Sevilla; faleceu o día 07/06/1979 na súa clínica da rúa Marqués de Valadares, en Vigo, mentres agardaba polo primeiro paciente da tarde. Soterrárono no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha