Nacemento:
Morte:
Xastre e sindicalista, 31 anos. Veciño da rúa San Pedro, 7 baixo, en Santiago de Compostela.
Do Gremio de Xastres.
Directivo do Ateneo Cultural Libertario na súa cidade. Militou no Gremio de Xastres.
Detido na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e confinárono varios meses na Fonsagrada (Lugo).
Fuxido. Encarcerado.
Fixo fronte aos sublevados dirixindo un grupo de homes armados e logo fuxiu ao monte Pedroso.
Agochado no Monte Pedroso con Antonio Ramos Varela, Cesáreo Briones Varela e Cándido Sánchez Rodríguez.
Tempo andado detivérono os fascistas.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 752/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
No dito procedemento castigaron coa cadea perpetua a: Cesáreo Briones Varela e Luis García Pazos; tamén enxuizaron a Cándido Sánchez Rodríguez.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
En 1940 saíu en liberdade condicional e desenvolveu unha labor solidaria cos presos ingresados na Prisión Central de Santa Isabel na capital compostelá.
Novamente detido en 1942 polos seus contactos clandestinos con persoas da Alianza Democrática Española e pasou varios meses na cadea.
Implicouse en tarefas clandestinas como secretario e contador da Federación Local de Santiago de Compostela da CNT, prendérono outra vez en 1947 e condenárono a 12 anos de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.