← Volver atrás

García-Ramos Second, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Depurado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 17/08/1875 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 02/10/1970 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico forense e político, 60 anos. O día 17/04/1901 casou con Pilar Platas Freire; tiveron dous fillos e dúas fillas: José, Ramón, María del Carmen e Áurea. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciouse en 1898 con sobresaínte. En 1911 trasladouse á Coruña como forense da Audiencia e da Prisión Provincial e residiu na rúa Ferrol, 21-2º esquerda, na Coruña. Tamén actuou como médico privado. Foi un dos pioneiros do cinema en España.

Iniciada a II República presentouse as eleccións de 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR) pero non conseguiu acta de deputado. Nas eleccións de novembro de 1933 presentouse outra vez polo PRR e obtivo acta. Cando se produce a escisión do PRR de Alejandro Lerroux García, García-Ramos afíliase a Unión Republicana (UR), da que sería dirixente e á que lideraba Diego Martínez Barrio.

Socio do Casino Republicano coruñés.

Membro fundador da loxa masónica Curros Enríquez nº 9, da Coruña, na que se mantivo ata 1932 e, desde esa data, pasou a Pensamiento y Acción nº 11.

Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse dentro da Fronte Popular (FP), como candidato das filas de UR, e elixírono o deputado co maior número de votos de todos os candidatos da provincia (144.923).

Encarcerado. Sancionado. Depurado.

José figura, entre outras persoas, nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se indica: “En la prisión de esta capital se encuentran detenidos y algunos de ellos sometidos a procedimiento Militar, los dirigentes del Frente Popular y elementos extremistas siguientes”.

Cando se produce o golpe dos rebeldes achábase na Coruña. O día 25/07/1936 prendérono e ingresárono na Prisión Provincial da Coruña, onde traballou na enfermería.

O día 06/08/1936 impónselle unha multa de 500 pesetas por pertenza á masonería.

O día 26/08/1936 depurárono como médico forense por orde do gobernador civil.

No 18/09/1936 auméntaselle a multa a 10.000 pesetas, polo que ten que vender parte dos seus bens.

O 01/10/1936 liberárono da cadea e desterrárono da Coruña para Caldas de Reis (Pontevedra) ata o día 13/04/1940. Requisáronlle un automóbil da marca Studebaker, dun valor dunhas 18.000 pesetas, ademais da requisa doutros obxectos da súa propiedade.

Despois do remate da guerra civil o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, o día 12/11/1941, condénao a 12 anos e un día de cadea e ten que retractarse da masonería. Uns días antes xa o ingresaran na prisión de Torrijos (Madrid).

Despois de pasar dous anos nos penais da Prisión Central de Burgos e Puerto de Santa María (Cádiz), conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento; pena de confinamento que cumpriría en Vigo (Pontevedra), onde o deportaron, xa que non podía residir na Coruña.

A pena extinguiuse o día 22/08/1944.

Cando puido volver á Coruña exerceu de médico dermatólogo; sometido a constante vixilancia, mantivo contactos cos gobernos no exilio.

No ano 1963 recoñecéuselle a súa entrada no Cadro de Honra dos Médicos Españois.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.