Nacemento:
Morte:
Xornalista, poeta e profesor, 30 anos. Veciño de Ourense. Fillo de emigrantes galegos en Cuba. Á súa nai María del Valle Lozano paseárona, e ao seu irmán Ricardo Gómez del Valle asasinárono. Establecéronse en Ourense en 1918 e volveu a Cuba. De regreso en Galicia exerceu de profesor en Amoeiro e Vilamarín, na provincia de Ourense.
Redactor de La Zarpa e colaborador en varios xornais.
No ano 1933 arrestárono con Eduardo Villot Canal baixo a acusación de rebelión; absoltos no mes de marzo dese mesmo ano.
Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Manuel, como a súa nai, era comunista.
Executado.
Cando se produce o golpe dos sublevados, co socialista Fernando Cordón García, funcionario de Alfándegas en Verín (Ourense), trasladáronse á Gudiña para facer fronte aos rebeldes.
Prendeunos a Garda Civil en Xinzo de Limia (Ourense) o día 21/07/1936 e trasladáronos a Ourense.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ourense o día 03/08/1936, na causa 123/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono ás 07:00 h no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, de Ourense.
Á súa nai, María del Valle Lozano, prendérona por ter pedido a conmutación da pena capital do seu fillo, internárona na Prisión Central de Celanova e, máis tarde, asasinárona en Xinzo de Limia.
Ao seu irmán Ricardo Gómez del Valle obrigárono a servir como soldado no bando franquista, finando asasinado por un falanxista cara o remate da guerra civil, despois da toma de Valencia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.