← Volver atrás

Gómez Pérez, Isaura

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Lisboa
(Portugal)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Martiño de Figueiró, Tomiño
(Pontevedra)
- 04/01/2004 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritora, 31 anos. Casou no ano 1927 co farmacéutico, funcionario e político Francisco Rodríguez Otero, Paquiño de Figueiró; tiveron unha filla e un fillo: María-Ivonne e Mario. Veciños de Figueiró. Francisco era secretario do Xulgado de Paz de Tomiño.

O seu home era político agrarista e presidiu a Federación Municipal Labrega de Tomiño; na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja foi concelleiro e presidente da Unión Patriótica (UP), concelleiro de Tomiño no ano 1931; en decembro de 1933 abandonou a súa militancia agrarista e ingresou no Partido Galeguista (PG).

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe militar rebelde a Francisco, o día 04/10/1936, sacárono da cadea os falanxistas e asasinárono nun traslado ás 06:00 h, preto de Mondariz (Pontevedra), con outras cinco persoas; antes torturáronos e vexáronos.

Isaura sería un baluarte para persoas fuxidas dos represores, acolléndoas na súa casa. Tamén acudiu a Lisboa (Portugal) para deixarlle cartos a Antonio-Hipólito Alonso Ríos para que puidera marchar ao exilio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha