Nacemento:
Morte:
Militar, 36 anos. Mariño da Armada. Participou nas campañas de Marrocos.
Exiliado.
Ao comezo da guerra civil era capitán de corveta ao mando do buque de investigación oceanográfica Ártabro. O día 19/07/1936 faise cargo do mando do destrutor José Luis Díez e en setembro do mesmo ano era comandante do cruceiro lixeiro Miguel de Cervantes, co que participou na expedición republicana ao Cantábrico de setembro e outubro de 1936.
En xuño de 1937 nomeárono xefe do Estado Maior da Mariña e o día 21/10/1937 xefe da Frota republicana, na substitución de Miguel Buíza Fernández-Palacios. Baixo o seu mando tivo lugar a Batalla do Cabo de Palos o día 06/03/1938, onde os republicanos afundiron o cruceiro pesado rebelde Baleares.
Tiña como axudante persoal a José Oliveira Avendaño, habilitado como oficial 2º.
O día 08/01/1939 deixa a xefatura da Frota e pasa a mandar a Base Naval de Mahón. Diante da inminente derrota republicana e baixo a presión dos propios republicanos da illa, rendeu Menorca aos rebeldes o día 08/02/1939 para evitar un baño de sangue.
No procedemento contra a dotación do destrutor José Luis Díez, condenaron os mariñeiros: Manuel Agrasar Cajaraville, 24 anos, a cadea perpetua; Ángel Pedreira Martínez, 24 anos, pena de morte e Andrés Rodríguez Illanes, 22 anos, a 12 anos. O comandante do destrutor, Luis-Felipe González de Ubieta González del Campillo, 36 anos, exiliouse.
Despois da rendición embarcou, con outros moitos republicanos, no cruceiro británico Devonshire que os levou a Francia. Instalouse en París, onde viviu ata a invasión alemá, pasando despois a México e logo a Venezuela.
Finou cando mandaba o buque mercante Chiriquí, que non quixo abandonar cando o barco naufragou na desembocadura do río Magdalena, en Barranquilla (Colombia).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.