← Volver atrás

Buíza Fernández-Palacios, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Sevilla
- 25/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Marsella
(Francia)
- 23/06/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 38 anos. Casado; tiñan dúas fillas e o 26/01/1939 a súa dona suicidouse en Barcelona cando entraron os franquistas na cidade. O día 10/01/1916 ingresa na Escola Naval Militar en Cádiz. Mariño da Armada, capitán de corveta en 1932.

Republicano.

Exiliado.

Ao estoupar a Guerra Civil asignáronlle o mando do cruceiro lixeiro Libertad.

En agosto de 1936 dirixiu a agrupación naval republicana que se encargou do desembarco de Porto Cristo (Mallorca) e o día 02/09/1936 designárono almirante xefe da frota republicana, que mandou con pouca fortuna.

Relevado do mando un ano máis tarde, despois do desafortunado combate naval do Cabo Cherchell (fronte as costas de Alxeria), onde a frota tivo unha penosa actuación fronte ao cruceiro pesado Baleares, quen en moita inferioridade logrou fuxir. O día 25/10/1937 relevouno o almirante Luis-Felipe González de Ubieta González del Campillo. Buíza desenvolveu outros cargos.

De novo, o día 22/01/1939, designárono xefe da frota republicana.

A principios de marzo de 1939 cando estaba coa frota en Cartagena (Murcia), comunicoulle ao presidente do Goberno Juan Negrín López que as tropas sentíanse cansadas, que non había posibilidade de gañar a guerra e pediulle que pactara con Franco. Negrín non fixo caso e nomeou ao comunista Francisco Galán Rodríguez como xefe da Base Naval de Cartagena para que controlase os movementos do almirante da frota.

Despois de que se provocara un estoupido revolucionario en Cartagena, o día 05/03/1939 ordenou a partida dos barcos de guerra republicanos. Con isto os republicanos perdían tres cruceiros lixeiros, oito destrutores e outras moitas unidades pequenas. Puxeron rumbo a Base Naval de Bizerta (Tunes) e entregáronse as autoridades militares francesas.

En maio de 1939 incorporouse á Lexión Estranxeira francesa co grao de capitán, ascendendo pronto a comandante e participou nas campañas bélicas do norte de África; retirouse en 1943.

Converteuse nun símbolo para o republicanismo español que loitou na II Guerra Mundial.

No ano 1947 traballou para as organizacións que loitaban polo recoñecemento do Estado de Israel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.