← Volver atrás

González Rego, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Oleiros
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barrio de Canido, Ferrol
(A Coruña)
- 17/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 27 anos. Veciño de Pontevedra. Mariñeiro do vapor Alfonso Senra da Naviera Celta, barco capturado no Cantábrico pola armada franquista cando ían con víveres cara Xixón (Principado de Asturias).

Executado.

O barco quedara na zona republicana ao comezo da guerra civil e capturárono dous bous franquistas (Argos e Ciriza) a altura do Cabo Torres, Xixón (Principado de Asturias) o día 11/09/1936. Iba cunha carga de víveres con destino a Xixón, levárono a Ferrol e arrestaron á tripulación. Entre o 15 e o 18 dese mesmo mes de setembro os golpistas asasinaron á metade da tripulación.

Morte rexistrada no cemiterio de Canido a causa de ser pasado polas armas e sen xuízo.

O día 15/09/1936 fusilaron no cemiterio de Canido, na aplicación dos bandos de guerra, a: Eduardo Angustia Álvarez, 32 anos, fogueiro; Faustino Dios Vidal, 45 anos, mariñeiro; Arturo González Rodríguez, 40 anos, maquinista, e Carlos Mayobre Calderón, 33 anos, 2º oficial deste vapor.

Na data do 17/09/1936 executaron os seguintes membros da tripulación: Alfonso Barroso Martínez, 36 anos, caldeireiro; José Casais García, 35 anos, mariñeiro; José-Salvador González Gudín, 41 anos, mariñeiro; Antonio González Pérez, 25 anos, mariñeiro; Fernando González Rego, 27 anos, mariñeiro; Manuel González Santurio, 40 anos, mariñeiro; Juan Lijó Pérez, 26 anos, mariñeiro; Vidal-Justo Méndez González, 25 anos, fogueiro; Avelino Mourente Rivero, 30 anos, mariñeiro; Manuel Muñiz Casal, 26 anos, fogueiro; Manuel Muñiz García, 62 anos, fogueiro; Ramiro Patiño Salgado, 36 anos, fogueiro; Vicente Paz Abrodes, 37 anos, engraxador; José-Ramón Sánchez Piñeiro, 26 anos, mariñeiro e Eugenio Villares Romero, 50 anos, fogueiro.

Soterrárono no cemiterio de Canido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha