← Volver atrás

Guillán Abalo, Gonzalo-José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario, 22 anos. Veciño de Pontevedra. Funcionario municipal. Irmán de Manuel Guillán Abalo, paseado, e de Pascual Guillán Abalo, encarcerado.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe rebelde formou parte das milicias que se organizaron en Pontevedra para a defensa da legalidade republicana e que dirixía Jacobo Zbarsky Kúper.

Os sublevados acusáronos de formar parte da “checa” do Goberno Civil de Pontevedra e de opoñerse, con ameazas, á rendición do gobernador civil Gonzalo Acosta Pan, que logo se produce o día 20/07/1936. Por este feito abriuse a causa 245/36 polo delito de intento de asasinato.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Despois de ser excarcerado en 1940 prendérono de novo no ano 1947 por achegar fondos para os presos políticos e estar na posesión de xornais prohibidos.

Trasladado a un hospital psiquiátrico de Palencia, onde se confirma que está en plenas facultades mentais.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a seis meses e un día de prisión menor.

Como a sentenza se dita no ano 1949 e levaba na cadea desde 1947, liberárono por “tenerla cumplido con exceso”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha