← Volver atrás

Guillán Abalo, Pascual

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario, 30 anos. Veciño de Pontevedra. Funcionario municipal. Irmán de Manuel Guillán Abalo, paseado, e de Gonzalo-José Guillán Abalo, encarcerado.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe rebelde formou parte das milicias que se formaron en Pontevedra para a defensa da legalidade republicana, que dirixía Jacobo Zbarsky Kúper e nas que tamén figuraba o seu irmán Gonzalo-José.

Os sublevados acusáronos de formar parte da “checa” do Goberno Civil de Pontevedra e de opoñerse, con ameazas, á rendición do gobernador civil Gonzalo Acosta Pan, que logo se produce o día 20/07/1936; por este feito abriuse a causa 245/36 polo delito de intento de asasinato.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha